Sunday 19 de May de 2024

A candidatura de Alternativa en Cambre incorpora a destacadas persoas de Esquerda Unida


Algunhas das persoas que integraban a lista electoral de Esquerda Unida nas pasadas eleccións municipais formarán parte da candidatura de Alternativa dos Veciños no Concello de Cambre. O acordo vén propiciado pola coincidencia dos postulados políticos de ambos grupos e pola necesidade de acadar unha maior unidade para defender o interese xeral de Cambre, por encima de intereses partidistas ou persoais.

Así, a actual concelleira de Esquerda Unida Olga Santos, ocupará o número 3 da lista electoral de Alternativa dos Veciños. Tamén formarán parte da candidatura destacadas persoas de Esquerda Unida de Cambre como Loreto Taibo, Quique Pazos e Ana Cristina Limia.

O obxectivo que se persegue é lograr unha maior forza electoral que permita cambiar a situación política do Concello. Alternativa dos Veciños e Esquerda Unida lideraron a oposición durante a presente lexislatura con numerosas iniciativas e propostas, denunciando continuamente aquelas actuacións irregulares e contrarias ao interese xeral da cidadanía promovidas por parte do actual Goberno municipal.